O lobo e a gandaría

Todas as versións deste artigo : [Castellano] [Galego]

  • O manual ofrece información sobre o lobo ibérico e a súa relación coa gandaría, así como consellos de estilo para abordar estas noticias.
  • Mellorar o tratamento informativo destas noticias é chave para reducir a presión social e favorecer o estado de conservación da especie.
  • A guía foi realizada no marco da campaña ‘Vivir con lobos’, dirixida a fomentar a coexistencia entre a gandaría extensiva e o lobo.

A ’Estratexia para a conservación e a xestión do lobo’, elaborada polo Ministerio de Medio Ambiente, recoñece que os conflitos relacionados co lobo son moitas veces magnificados nos medios de comunicación. Desta forma, obsérvase que o número de noticias nos medios de comunicación non manteñen unha relación proporcional co número e contía dos danos e contribúe a aumentar a presión sobre a especie.

[Guía] El lobo y la ganadería

O documento presentado por Ecoloxistas en Acción pretende facilitar aos profesionais da comunicación o tratamento das noticias relacionadas co lobo con maior rigor e obxectividade, nomeadamente as referentes aos ataques á gandaría. Trátase dunha ferramenta para mellorar a calidade das noticias elaboradas e evitar caer en tópicos e mitos que distorsionan a comprensión dos problemas ambientais pola poboación.

Esta guía encádrase no proxecto ’Vivir con lobos’, que ten como meta fomentar a coexistencia da gandaría extensiva e o lobo para mellorar o estado de conservación da especie. Unha das liñas de acción da campaña está dirixida a profesionais do sector gandeiro, cos que se está traballando nun documento sobre medidas para favorecer a coexistencia que será presentado perante as administracións públicas.

Alén da publicación da guía, organizáronse varias visitas con xornalistas para mostrar a experiencia de gandeiros e gandeiras que, grazas a medidas como o pastoreo, a presenza de mastíns e o cerramento nocturno do gando, están a reducir, e en ocasións evitando, danos por predación no gando.




Visitantes conectados: 683